Iniciativa
Iniciativa YDCR
Y
o Decido Cómo Recibo é unha iniciativa que reivindica o dereito do consumidor de elixir libremente o formato das súas facturas e dos seus extractos bancarios e defende os dereitos dos colectivos en risco de exclusión.
Porque a revisión axeitada das túas contas e facturas é o teu dereito.

Como nace YDCR?
Nos últimos anos, as empresas provedoras de servizos, as entidades financeiras e as administracións públicas veñen realizando campañas de substitución das comunicacións en papel por comunicacións electrónicas, chegando con frecuencia a impoñer unilateralmente o cambio de formato sen teren en conta os hábitos, preferencias e circunstancias do consumidor.
Esta situación é fonte de preocupación compartida por organizacións de consumidores, outras entidades e os axentes sociais, que ven como a imposición xeneralizada do formato de comunicación dixital vai en detrimento dos dereitos do consumidor.
A Iniciativa Yo Decido Cómo Recibo é froito dun diálogo aberto entre organizacións da sociedade civil e do sector privado, dispostas a unir forzas para reivindicar o dereito do consumidor a elixir o formato que mellor se adapte ás súas necesidades e circunstancias persoais.
Para que?
A Lei 3/2014 do 27 de marzo, pola que se modifica o texto refundido da Lei para a Defensa dos consumidores e usuarios, consagra o dereito dos consumidores de recibir facturas en papel sen custo adicional, /strong>, condicionando a expedición de facturas electrónicas á previa obtención do consentimento expreso (Artigo 63).
Ante a patente desinformación que sobre este asunto existe na actualidade, Yo Decido Cómo Recibo pretende erixirse nun altofalante dos novos dereitos e un referente á hora de asesorar tanto os consumidores como aquelas empresas e entidades interesadas en fomentar a transparencia e o respecto dos dereitos en materia de comunicación co consumidor.
Que defendemos?
So ti sabes que formato se adapta mellor ás túas necesidades.
So ti debes decidilo sen que ninguén te penalice por iso.
Non todo o mundo está familiarizado co uso de internet.
Non todos temos as mesmas posibilidades de acceso.
Como o facemos?
- INFORMANDO os consumidores sobre os dereitos que lles asisten en relación coas comunicacións que reciben por parte dos seus provedores de servizos.
- APOIANDO o consumidor á hora de reclamar a restitución dos dereitos vulnerados.
- SENSIBILIZANDO sobre a importancia dun problema que afecta directamente a revisión das contas do consumidor e, polo tanto, o seu peto.
- VERIFICANDO o cumprimento da normativa vixente por parte das empresas de servizos e as entidades financeiras.
Cales son os problemas?
• Fogares: : O 32% dos fogares non ten acceso a internet (Eurostat 2014).
Estímase que máis de 13 millóns de persoas non dispoñen de acceso a internet nos seus fogares
• Maiores: O 60% das persoas de entre 55 e 64 anos, o 75% de entre 65 e 74 anos e o 93% dos maiores de 75 anos nunca utilizaron internet en España (Eurostat 2013).
Estímase que uns 10 millóns de persoas maiores nunca utilizaron internet en España.
• Medio rural: Segundo o INE, en 2010 so o 47,3% dos fogares tiña internet nos pobos de menos de 10.000 habitantes. Case un millón y medio de fogares atopábanse en situación de exclusión dixital.
Na actualidade estímase que preto de 2 millóns de persoas nunca utilizaron internet nos pobos de menos de 10.000 habitantes (INE + Eurostat 2014).
• Varias empresas cobran recargas (1 €) polo envío de facturas en papel.
• O Instituto Nacional de Consumo (actualmente AECOSAN) considerou “abusiva” esta práctica nun ditame publicado en 2013.
• Coa nova Lei dos consumidores, o cobro polo envío de facturas en papel é ilegal.
• As empresas e entidades financeiras fomentan o cambio ao formato dixital mediante argumentos ambientais que, na maior parte dos casos, non están avalados por estudos científicos.
• Numerosos consumidores manifestan o seu malestar cara a unhas prácticas de facturación que perciben como unha forma encuberta de aforro e repercusión de custos, xa que moitas veces é o propio consumidor quen acaba por imprimir a factura na casa.
• Segundo o Banco de España, , a domiciliación bancaria é o medio de pago máis utilizado, por riba da tarxeta de crédito, as transferencias e os cheques bancarios.
• A axeitada revisión de contas e facturas semella especialmente crítica nun país onde a maioría dos recibos se paga de forma automática.